Gastronomía

O apartado gastronómico é unha homenaxe á sinxeleza e naturalidade das súas terras. Debe destacarse o tan coñecido butelo, un tipo especial de embutido tradicional desta zona, elaborado artesanalmente a base de carne de cocho, cuxa técnica de elaboración representa en sí mesma unha longa tradición que pasou de pais a fillos. Suponse que a orixe deste embutido xurdiu ante a necesidade de conservar a carne porcina, curándoa ao fume, sempre con lume de leña.

O seu agradábel sabor supón que moitos padais poidan distinguir na súa mesa o butelo da Fonsagrada, O Butelo de Fonsagrada, así como outros productos cárnicos (chourizo, soá, touciño, etc.).

Asimesmo debemos suliñar a aparición de productos cárnicos derivados do “Porco Celta”.

Ademáis, deben mencionarse outros produtos típicos como as castañas e as cogumelos, recolectadas nos montes circundantes, patacas de moi boa calidade, o cocido típico a base de grelos e carne de cocho, os freixós (crepes) e pratos elaborados a base de caza maior e especies fluviais.

En canto aos postres non podemos deixar de probar tamén o saboroso Pastel da Fonsagrada (típico da zona, elaborado con améndoa e crema pasteleira) e en Semana Santa a típica rosca do Campelo (elaborada con manteiga, fariña de trigo...).

Tamén, aproveitando o medio natural e, concretamente, a grande extensión de monte, o mel da Fonsagrada goza dun recoñecido prestixio.

 

ARTESÁNS NA ELABORACIÓN DO BUTELO

Cárnicas Casa Castelao. 982 340 332 / 982 350 121

Embutidos RM. 982 340 189

Embutidos Buenavista. 982 340 031

Butelos artesanos Tita. 982 174 276 / 686 770 329

 

ARTESÁNS NA ELABORACIÓN DE DOCES

Confitería y Panadería Barreira (Casa Rucha). 982 340 175

Cafetería - Confitería - Panadería  A Vila 982 357 284