Monumentos
Onde ir
Situado en pleno corazón das serras orientais de Galiza e enmarcado nunhas inmellorábeis paraxes de montaña, o carácter montañoso constitúe o principal atractivo turístico do concello. A disposición de interesantes espazos naturais (contando con áreas protexidas) posibilita o turismo ecolóxico e de montaña. Así pois, o concello conta con amplas zonas para gozar do ambiente, así como posibilidades para a práctica da caza e a pesca, rutas de sendeirismo, áreas recreativas, etc.
Mención especial merece tamén a riqueza etnográfica da zona, destacando construcións típicas rurais como os hórreos de planta cadrada e as pallozas; restos de antigos mazos ou de fornos de fundición férrea.
En canto ao patrimonio arquitectónico, consérvanse no concello algunhas igrexas e capelas de interés artístico, así coma restos de arquitectura civil (casas nobres, restos dunha antiga fortaleza...).
O noso concello conta con grande número de vestixios da época pre e protohistórica: mámoas, castros e minas romanas, que dotan á zona dunha considerábel riqueza arqueolóxica.
Destaca tamén o paso pola Fonsagrada do Camiño Primitivo, antiga ruta de peregrinación a Santiago de Compostela e actualmente en fase de recuperación. Constitúe un itinerario natural e paisaxístico de grande interese e beleza.
PRINCIPAIS ATRACTIVOS TURÍSTICOS DO CONCELLO:
RECURSOS NATURAIS
- As Seimeiras de Queixoiro
- A Seimeira de Vilagocende
- Numerosas fervenzas.
- Os Teixos milenarios de Carballido
- A Fraga de Carballido (fraga autóctona protexida)
- A Fraga de San Xes Logares
- O Carballal das Veigas (fraga autóctona de carballos) en Allonca
- Encoro de Salime, compartido cos concellos de Negueira de Muñiz e San Antolín de Ibias.
- Alto de Pedras Apañadas (1200 m. ) no Acebo
- Alto do Muradal (1111 m.)
- Serra do Hospital de Montouto (1102 m.)
RECURSOS ARQUEOLÓXICOS
Monumentos megalíticos: Cen Mámoas sendo visibles varios dólmenes algúns en bó estado de conservación.
84 asentamentos castrexos distribuídos por todo o concello, o que demostra o asentamento dende hai miles de anos e a súa relación cos concellos limítrofes. Na actualidade estase estudando o Castro de Moreira para, coñecer esta relación.
INFRAESTRUTURAS DE OCIO E TEMPO LIBRE
- Praia fluvial "A Pena do Inferno" de Naraxa
- Área recreativa "A Ferrería"
- Área recreativa "O Pastizal" do Padrón
- Área recreativa "A Gamalleira" da Fonsagrada
- Área recreativa e capela de Silvela
- "A Alameda" da Fonsagrada.
- Pedras Apañadas (vista panorámica) O Acebo
- Mirador de Arexo, así como fermosos miradoiros espallados por todo o Concello.
PUNTOS DE INTERESE CULTURAL E ETNOGRÁFICO
- Museo Etnográfico A Fonsagrada.
- Ruta do Camiño Primitivo de peregrinación a Santiago. Atravesa o concello.
- Real Hospital de Peregrinos de Stgo. de Montouto (ruinas). Montouto.
- Igrexas Románicas (Lamas de Moreira, Vilabol de Suarna, Pobra de Burón).
- Ruinas da Fortaleza. A Pobra de Burón.
- O Mazo da Porteliña. A Porteliña.
- “A Fábrica" (restos de antigos fornos de fundición férrea). A Fornaza.
- Antigo mazo de laminación férrea (ruinas). A Ferrería-Vilar da Cuiña.
- Pallozas. Pedrouzos, Paradavella, Maderne, Ervellais,...
- Antigos muíños de auga. Lamas de Moreira, Vilaframil, San Pedro de Neiro, ...
- Hórreos típicos. Distintas aldeas do concello.




