Proxecto Florencio
PROXECTO FLORENCIO é unha proposta pedagóxica e escénica arredor da figura e o repertorio de Florencio dos Vilares: violinista-cantor-contador de historias, natural da Fonsagrada, recoñecido como un dos últimos cegos-xograis de Galicia, con máxima relevancia na historia da Música popular do país.
O Proxecto Florencio consiste en unir un grupo de músicos guiados polo prestixioso zanfonista GERMÁN DÍAZ como director musical, co obxectivo de achegarse dende diferentes perspectivas ao repertorio de Florencio dos Vilares e presentar o espectáculo resultante durante o verán de 2012. Seguindo a liña de produción e ensino de aCentral Folque e a Escola Livre da MPG, o proxecto permitirá aos participantes coñecer in situ o proceso de produción, investigación e creación artística a raíz deste diamante da música patrimonial.
Este proxecto vai dirixido a instrumentistas de vento, zanfona, acordeón diatónico, violín e percusión tradicional galega que desexen completar a súa formación e vivir unha experiencia musical diferente.
Para máis información facer clic aqui




