A Fonsagrada, Santa María de

Plano parroquia fonsagradaA parroquia de Santa María de A Fonsagrada integra as población de A Fonsagrada e Vilapiñol.
Ten una poboación de 1.234 habitantes
Desta parroquia podemos salientar que limita:

- ao norte ca Bastida
- ao sur con Padrón
- ao Este con San Martín de Suarna
- ao oeste co Padrón.

 

(Ver Galerías de fotos)


En canto aos pobos:
 

 

A Fonsagrada

 

A Fonsagrada está aunha altitude de 960 m.
É capital do concello dende 1.835 (antes estaba na Pobra de Burón).
Por esta localidade pasa o Camino Primitivo.
Pódese ver:

  • A Fonte Sagrada (poner un enlace que vaia ao outro documento)
  • Igrexa de Santa María: Trátase dunha construcción barroca composta por tres naves e un ábside. Ten una prenta de cruz latina feita con mampostería de lousa.
    Á igrexa accedese a través dun pequeno pórtico que é a base da torre-campanario que, concretamente, se atopa no centro da fachada. O citado campanario é de estilo barroco. Está moi ben labrado e aparellado. Consta de catro vanos arqueados cubertos por unha semicúpula realizados en granito e con remates de esferas nas esquinas.
  • Museo etnográfico. (Poñer enlace que vaia á información que xa vos mandei sobre o museo)
  • Cruceiro.
  • Pazo de Penamaría: Este pazo está situado na rúa San roque. Foi construida no século XIX pola familia Pasarín. A forma da casa parte dunha alineación da rúa na que está a fachada cos elementos máis importantes, adaptándose ao parcelario na beira traseira que remata con unha pequena finca.
    Destacan a galería e a peineta barroca que identifica a casa. Paramentos enfoscados e caleados.Traballo moi coidado nas carpinterías e dinteis.
  • Concello: É un edificio entre medianeiras, feito no ano 1.926. Ten un carácter representativo, sobre todo polo simbólico da torre do reloxo. Os muros están enfoscados e os contornos das fiestras están decorados con motivos modernistas. A cuberta é de lousa.
  • Xulgado: A Fonsagrada é cabeceira do partido xudicial que, ademais da Fonsagrada e Negueira de Muñíz, acolle á Ribeira de Piquín, Baleira e Navia de Suarna.
  • Centro de saúde.
  • Mercado gandeiro: Neste sitio desenvólvense tódalas feiras de gando que se celebran na vila. Dispón de boas instalacións e servizos veterinarios.
  • Casa da Cultura:  A Casa da Cultura esta na Rua Chaos S/N.   Alberga a Biblioteca, o Telecentro e a Oficina de Información Xuvenil.    No baixo da parte posterior ten un local a Asociación de Xubilados.
  • Salón de Actos.
  • Parque de Gil Portela
  • Pavillón dos Deportes: O polideportivo está equipado con pista de fútbol sala e baloncesto, ademais de vestiarios e gradas.
  • Antigo instituto: Actualmente destinado a usos múltiples alberga os seguintes locais: Servizos de incendios e medio ambiente, coto de caza, protección civil, garda civil, Club 4x4 as neves, sedes dos partidos políticos.
  • Instituto “Fontem Albei”:No instituto de ensino secundario impártense clases de tódolos cursos da ESO e do bacharelato, este último en tódalas especialidades agás na de artes.
  • Colexio “Santa María”
  • Escola Fogar: Antiga escola fogar. Actualmente o andar baixo funciona como comedor escolar. As habitacións dos andares superiores ofrecen unha boa capacidade de aloxamento para acoller eventos.

Vilapiñol

Esta poboación está a 2km da Fonsagrada e a 850 m de altitude.
Pódese ver:

  • Capela de San Antón
  • Casa de Molla
  • Casa de Roxo